O departamento SGM Social será o encargado de facer realidade o proxecto filantrópico dos fundadores do Seminario Masónico da Masonería máis aló do ámbito da investigación e a divulgación histórica, a memoria democrática ou o activismo social.
Malia que en desenvolvemento, será unha forma de practicar a solidariedade, a filantropía e a axuda desinteresada aos demais facilitando formación profesional e para a inserción laboral -fundamentalmente cursos AFD e certificados de profesionalidade - a colectivos en risco de exclusión social, desempregados de longa duración, migrantes ou vítimas de violencia de xénero.
Está previsto que este servizo poida verse reforzado nun futuro cun servizo de asesoramento e orientación laboral xa que, malia que ambicioso, este é un proxecto con vocación transformadora dunha realidade que non sempre é amigable ou brinda as mesmas oportunidades a todos.
Só mediante procura activa da xustiza social podemos dicir que o francmasón acada o seu pleno desenvolvemento moral, mellora as condicións materiais da sociedade en que vive e fai realidade o seu ideal de humanidade.