Dende o seu nacemento o Seminario Galego da Masonería está fondamente comprometido coas tarefas de recuperación da memoria histórica, o estudo da represión da masonería en Galicia e a restitución da honorabilidade da Francmasonería e da dos seu integrantes, especialmente daqueles que foron vítimas da sañuda persecución exercida polos sublevados durante a Guerra Civil española e a posterior ditadura franquista.
É por iso que promove e promoverá todo tipo de investigacións históricas referidas ao estudo da represión da francmasonería en Galicia e aos seus membros, publicará libros e traballos referidos a este tema e desenvolverá actos e eventos en colaboración con outras entidades do movemente memorialista co obxectivo de restablecer a dignidade dos masóns represaliados e as súas familias.
Baixo o francmasónico lema de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" e comprometido coa defensa dos valores democráticos, o Seminario Galego da Masonería forma parte do colectivo memorialista "Iniciativa Galega pola Memoria" e iniciou os trámites para a súa inscrición no Rexistro Estatal de Entidades de Memoria Democrática.