O Seminario Galego da Masonería foi fundado en 2025 por un grupo de irmáns francmasóns galegos interesado no estudo e divulgación da historia da Francmasonería Universal e da súa "Familia Galega", con especial atención á recuperación da memoria dos irmáns masóns que foron represaliados na Guerra Civil e a ditadura de Francisco Franco.
Como consta nos estatutos fundacionais, son fins da nosa asociación:
A investigación e divulgación sobre a historia da Masonería no ámbito galego, nacional e internacional, así como sobre os seus integrantes ao longo da historia.
A recuperación da memoria dos masóns represaliados e perseguidos durante o franquismo ou períodos históricos igualmente escuros ou perigosos para o florecemento dos valores e principios masónicos.
Mantemento e posta en valor da Gran Biblioteca Masónica de Galicia, así como do seu fondo documental e colección de obxectos masónicos.
A xestión e posta en valor de todos os fondos que eventualmente puideran ser doados por entidades públicas ou privadas.
Promover o desenvolvemento cultural, filosófico, simbólico e filantrópico dos seus membros conforme aos ideais de la masonería.
Levar a cabo calquera tipo de labor ou traballo filantrópico polo ben da comunidade ou veciñanza, especialmente nos eidos do auxilio social, o asesoramento laboral e a loita contra o desemprego -incluíndo a formación para o emprego-, dentro das súas posibilidades.
Fieis ao espírito francmasónico e á súa vocación de servizo aos demais, os seus fundadores imprimíronlle á entidade un forte carácter filantrópico coa creación de SGM Social, un departamento encargado da atención a persoas desempregadas, migrantes e/ou en risco de exclusión social mediante a creación de servizos de orientación laboral e formación para o emprego (aínda en desenvolvemento).