O Seminario Galego da Masonería, no seu afán por divulgar os principios e valores cosmopolitas, filantópicos e fraternais da Franmcmasonería Universal, musealizou unha boa parte dos fondos da súa colección privada, que con invitación poderán ser visitados por aquelas persoas interesadas en coñecer un pouco mellor a nosa Obediencia.
Entre outros, poderán admirar unha interesante colección de medallas masónicas, así como mandís e outros arreos de uso común nas loxias masónicas, así coma mobiliario e outros enseres de uso persoal.
No ano 2012 naceu o que se deu en chamar "Proxecto Gran Biblioteca Masónica de Galicia" co obxectivo de crear o primeiro centro bibliográfico especializado na temática masónica nun momento no cal a oferta editorial especializada non era tan ampla como na actualidade.
Nutrida coas doazóns de irmáns masóns espallados por diferentes lugares do globo baixo a premisa de que doaran aquel exemplar que polas ensinanzas que contiña debían se obrigado coñecemento de todo bo francmasón, a biblioteca foi cobrando vida ata acadar case as 2000 referencias, se ben ás que se foron engadindo novas temáticas como a historia, a arte, a filosofía ou algúns dos traballos de referencia no estudo da represión da masónería en Galicia.
Enorgullecémonos de manter vivo este proxecto que reflicte perfectamente o espírito fraternal, universalista e cosmopolita que anima á nosa Orde, recibindo cada día doazóns de irmáns masóns de todos os rincóns da xeografía global que tan agarimosamente nos deixan as súas dedicatorias na portada interior dos libros, presentado os saúdos das súas loxas nais.