Na reunión de hoxe, venres 3 de outubro de 2025, o colectivo Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) deu ingreso ao Seminario Galego da Masonería como entidade memorialista.
Deste modo o SGM reafirma o seu compromiso coa defensa da memoria histórica e democrática, emprende a súa labor a prol da honorabilidade da masonería e busca dar voz a este colectivo, o francmasónico, tan sañudamente perseguido polo franquismo como esquecido polas institucións públicas.
A partir deste intre pasa a formar parte activa do movemento asociativo memorialista de Galicia e espera contribuir coa súa presenza á normalización da masonería na vida pública e institucional de Galicia.
SGM, 03/10/2025
O pasado día 21 de xullo alumbrou en Ourense o Seminario Galego da Masonería, primeira entidade memorialista da masonería no estado español e en Galicia, onde centrará os seu esforzos de investigación, divulgación e defensa da memoria histórica e democrática.
No seu empeño está a normalización da presenza da Masonería no ámbito público e institucional, o restablecemento da honorabilidade da masonería e da memoria de todos os masóns represaliados.
SGM, 21/07/2025